
Trátase dunha decisión persoal, como el mesmo asegurou onte durante a
súa rolda de prensa. O PP respecta a súa decisión de abandonar a primeira liña
da política tras máis de tres décadas dedicadas ao servizo público. Faino
deixando ao PP de Ourense nunha situación moi saudable, cunha gran implantación
no territorio, con cifras históricas de respaldo cidadán nas urnas.
(Sobre as supostas críticas á dirección rexional)
Temos por seguro que José Luís Baltar facía unha reflexión xenérica da
política e non dirixía crítica algunha a dirixentes do partido. As súas
relacións coa dirección rexional sempre foron cordiais e estiveron presididas
polo respecto. De calquera modo, non é momento de valorar anécdotas illadas
senón de agradecer todo o que Baltar deu ao PPdeG.
No hay comentarios:
Publicar un comentario