
O PP ve con bos ollos que se adopten medidas de aforro tamén no ámbito
da atención aos nosos emigrantes. Lembramos que Galicia non ten embaixadas. O
PP defende as delegacións da Xunta no exterior, que non posúen carácter
identitario algún, como podería ocorrer coas embaixadas vascas ou catalás,
senón centros de atención aos seus emigrantes, centos de miles repartidos por
Sudamérica e Europa. Outros necesitan colgar a súa bandeira no estranxeiro para
darse a coñecer, pero Galicia xa conta cos mellores embaixadores do mundo que
son os seus emigrantes.
A Xunta quere estudar en detalle a proposta que faga o Ministerio de
Exteriores. En todo caso, desde a chegada de Núñez Feijóo, o custo das
delegacións de Buenos Aires e Montevideo reduciuse á metade respecto da época
do bipartito. É dicir, o PP xa sabe que é prestar os mesmos servizos aos nosos
emigrantes cun menor custo para as arcas autonómicas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario