
Desde un primeiro momento, Mariano Rajoy apoiou a inocencia de
Francisco Camps, así como o groso de dirixentes valencianos e nacionais do
partido. A súa decisión de abandonar a Presidencia da Generalitat permitiulle
defenderse sen interferencias na actividade política autonómica, e finalmente
conseguiu unha absolución que este partido celebra, por esperada.
No entanto, o proceso a Camps debe levarnos a unha serena reflexión.
Sen dúbida, é quen devolve a honra perdida a unha persoa pública tras o
linchamento mediático previo ao xuízo, con penas de telexornal, filtracións
interesadas da instrución do caso, xuízos paralelos nos que se lle condenaba e
acusacións inculpatorias sen dereito a defensa desde a oposición política.
Non cabe esperar que o PSOE, acusación neste caso (que chegou a exhibir
informes secretos do sumario) de desculpe pola campaña de desprestixio lanzada
contra Camps. Ben o sabemos en Galicia, onde a pesar de fracasar no seu intento
de condenar a Agustín Hernández, aínda non se retractaron dos insultos lanzados
contra o conselleiro. Tampouco sorprende, cando o seu líder vincula sen rubor
ao presidente da Xunta co narcotráfico sen a máis mínima proba.
Outra reflexión é que en España, o Estado de Dereito funciona e ofrece
as mesmas garantías procesuais para todos os cidadáns.
No hay comentarios:
Publicar un comentario