martes, 6 de marzo de 2012

CUMIO BRUXELAS


 A Unión Europea non examinará ata o próximo mes de xuño a posibilidade de suavizar o obxectivo de déficit para España -que obriga a unha redución este ano do 8,5% ao 4,4%-, de acordo co calendario esixido pola Comisión, que primeiro quere coñecer os motivos do desvío orzamentario de 2011 e os recortes incluidos nos Orzamentos de 2012.
 Así, o Goberno central presentará os seus orzamentos con arreglo ao que lle pareza razoable e sensato pero, como aclarou Rajoy, a cuestión non se negocia nin se pecha aquí.
 Por outra banda, non é certo que no Cumio de Bruxelas lle preguntaran polo déficit público en España durante a reunión a porta pechada cos líderes europeos.
 Con respecto a isto, o PPdeG lembra que Galicia é a segunda comunidade que mellor controla o déficit, cun 1,61%, só por debaixo do de Madrid, que é do 1,13%, estando os obxectivos do déficit de 2011 establecidos no 1,3%.
 O Goberno de Rajoy lanzou varias reformas profundas en pouco tempo e seguiráo facendo posto que son necesarias para controlar o gasto nunha situación difícil que require facer o que en moitos anos non se fixo en España nin en Europa.
 Con respecto a isto, matizamos que a reforma laboral foi ben valorada en Europa e estamos convencidos de que será útil para a creación de emprego.

No hay comentarios:

Publicar un comentario