· Javier
Dorado cre que sería unha forma moi útil de promover a lingua galega entre os
usuarios dunha das redes sociais máis coñecidas e utilizadas do mundo
· Asegura
que o compromiso de NNXX coa lingua galega é o que move a esta organización a
interesarse por que Twitter abra o seu centro de traducións tamén ao galego

Segundo o presidente da
organización xuvenil, Javier Dorado, Novas Xeracións realizará esta petición a
través dunha misiva na que non só pedirá que se abra o centro de traducións de Twitter
ao galego, senón que tamén ofrecerá a axuda dos mozos e mozas da formación para
lograr este obxectivo.
Tras coñecerse que a partir do
vindeiro 5 de xullo Twitter dispoñerá dunha versión en euskera e catalán, Novas
Xeracións considera que non debe destacar pola súa ausencia nesta rede social a
outra lingua oficial de España, que é a galega.
Para Javier Dorado, que os
internautas poidan dispoñer do Twitter en galego sería unha forma moi útil de
promover a nosa lingua entre os usuarios dunha das redes sociais máis coñecidas
e utilizadas do mundo.
Nesta liña, asegura que o compromiso de Novas
Xeracións coa lingua galega é o que move a esta organización a interesarse por
que non se quede atrás e Twitter abra os seu centro de traducións tamén neste
idioma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario