O Goberno ten un compromiso real coa finalización do AVE a Galicia.
Desde que Ana Pastor é ministra, en apenas seis meses adxudicáronse case mil
millóns de euros para esta infraestrutura esencial para o desenvolvemento da
comunidade. Por tanto, Fomento si cre no AVE.
Agora ben, como noutros tantos temas, o Ministerio está a asumir unha
herdanza infestada de atrasos, de obras sen pagar, de anuncios baleiros. E faino
nun momento económico de gran dificultade. Cando España crecía, o Goberno
negoulle o AVE a Galicia. Agora que estamos en recesión, o Goberno fará todo o
posible para manter os prazos e seguir coa execución das obras.
O AVE a Galicia non é un capricho político, senón un acto de xustiza
para acabar co histórico illamento do noroeste peninsular. O PP foi o partido
que puxo o proxecto sobre a mesa, e á vista do sete anos de atrasos
socialistas, será o partido que o conclúa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario