
Contra quen avogan pola erradicación do castelán e a inmersión do
galego, o PP defendeu sempre a convivencia pacífica das dúas linguas,
eliminando calquera viso de hostilidade na sociedade. Esta sentenza é un
espaldarazo á política lingüística de Núñez Feijóo, que foxe da confrontación
social e avoga polo entendemento.
Queremos saber se, en caso de gobernar, o PSOE vai acatar a doutrina do
Supremo ou volvería a doblegarse ás demandas do seu socio necesario
nacionalista para impoñer ilegalmente unha lingua sobre outra. Esta sentenza é
unha folla de ruta para elaborar plans lingüísticos axustados á lei e
respectuosa co mandato constitucional de promover, conservar e difundir as
linguas cooficiais de España.
No hay comentarios:
Publicar un comentario