O presidente Feijóo viaxa a Sudamérica esencialmente en misión comercial,
co obxectivo de captar investidores e oportunidades para os sectores produtivos
de Galicia. Xa demostrou que este tipo de viaxes si son produtivos. Aí está o
histórico acordo con Pemex para reflotar o naval galego. Pero en Galicia hai
outros moitos sectores que precisan de novo investimento, e o presidente Feijóo
buscará posibles investidores no exterior.
Criticar estas viaxes é facerlles un fraco favor ás empresas que buscan
investidores estranxeiros. Criticar estas viaxes é pór pedras ás posibilidades
tanto de importar capitais como de exportar os nosos produtos e industrias.
Criticar estas viaxes é facer política de baratillo cando o país necesita de
solucións de alto calado político.
O presidente Feijóo tamén terá tempo para atender ás demandas da
diáspora, do mesmo xeito que fixeron outros presidentes e vicepresidentes da
Xunta no pasado. Os nosos cidadáns no exterior merecen a atención debida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario