
O PSOE xa avalou un Parlamento de 61 deputados ao votar a favor do
Estatuto. Se agora quere desdecirse, instámoslle a que presente unha reforma
exprés do Estatuto para emendar a súa postura de fai trinta anos.
Especular co resultado dunhas eleccións é un exercicio de ciencia
ficción. Ninguén sabe qué van decidir os cidadáns, con independencia de que se
elixan 75 ou 61 deputados. O único claro é que o PP é e seguirá sendo o primeiro
partido de Galicia, como demostraron todas as eleccións desde 1989. Iso é o que
realmente molesta á oposición.
Quen falan de “fraudes electorais” só están a poñer escusas para xustificar
o seu desastre interno, a súa incapacidade para ser alternativa e os seus
previsibles fracasos. Non se lle pode dar as costas a esta demanda da
sociedade.
Unha vez máis, Galicia é pioneira. Estamos convencidos de que este paso
o darán outras autonomías nos próximos anos, e non sería descartable que o
Estado fixese o propio.
Galicia non se acollerá á liña de financiamento aberta polo Estado para
as autonomías porque non o necesita. Ata o momento, colocou as súas emisións de
débeda sen problema nos mercados, ao interese máis baixo posible, e cunha
notable aceptación por parte dos investidores. Esta é a consecuencia de ser
unha comunidade solvente, que paga o que debe e non gasta o que non ten.
O autogoberno permitiu a Galicia anticipar reformas e medidas que lle
situaron nesta posición de vantaxe respecto doutros territorios. O autogoberno
non é convocar referendums soberanistas nin botarlle pulsos ao Goberno de
España, senón xestionar Galicia para que a calidade de vida dos galegos sexa a
mellor.
Os galegos debemos estar satisfeitos porque os nosos esforzos
colectivos están a ter resultados evidentes. Galicia non necesita realizar
axustes severos no seu estado do benestar como están a facer outras autonomías
aguilloadas polo déficit. A xestión do presidente Feijóo fixo de Galicia unha
comunidade líder.
No hay comentarios:
Publicar un comentario