Este sábado día 29 de setembro,a partir das 11:45 horas, terá lugar no Multiusos Fontes do Sar en Santiago de Compostela o Acto de Novas Xeracións con Alberto Núñez Feijóo.
Este vai ser o gran acto que Novas Xeracións teña co presidente Feijóo en toda a campaña. Así que os mozos e mozas serán así os actores principais da precampaña.
Sabemos que os rivais políticos son capaces de encher pavillóns,auditorios...con xente,pero do único que non son capaces é de enchelos con mozos e mozas chegados de toda Galicia,e temos que ensinarlles que aquí hai un partido e unha organización xuvenil,que a diferenza doutros,si é capaz de mostrarlle o seu apoio a un candidato no cal cremos e ao cal defendemos
Galicia xogase o seu futuro,e só temos unha opción para garantir o futuro,e non é outra que obter maioría absoluta,todo o que non sexa gañar por maioría absoluta sería desmantelar case 4 anos dun goberno exemplar,e o reparto das institucións entre 3,4 ou 5 partidos distintos,creando unha gran inestabilidade e arruinando (outra vez) o futuro deste país e o de todos nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario