O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, agradeceu aos galegos que lle outorgasen nas urnas unha victoria "clara e limpa", despois de que se coñecesen os resultados do escrutinio das eleccións autonómicas, que amplían a maioría absoluta do PPdeG de 38 a 41 escanos.
Como apuntou Feijóo, os populares seguirán traballando para estar á altura das circunstancias e da confianza dos galegos e salientou que o seu principal obxectivo será axudar a saír da crise.
Neste senso, Feijóo quixo recordar en primeiro lugar aos parados e aos que sofren especiais dificultades a causa da crise, posto que considera que son os primeiros aos que se debe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario