martes, 29 de enero de 2013

O PPdeG lamenta a irresponsabilidade dos grupos da oposición abandonando o Pleno


 O Grupo Parlamentario Popular lamenta a irresponsable decisión adoptada polos tres grupos da oposición de abandonar o Pleno Extraordinario de debate de totalidade dos orzamentos da Xunta de Galicia para 2013, asistindo unicamente os seus portavoces nesta sesión.

Así mesmo, o Grupo Popular recorda que os deputados do PSOE, BNG e AGE están a incumprir co seu deber (recollido no artigo 12 do Regulamento da Cámara galega) de asistir ás sesións do Pleno do Parlamento. Esta decisión considérase aínda máis insensata tendo en conta que se trata do debate de orzamentos, un dos máis importantes do ano, ante o que os grupos da oposición queren desviar a atención para que a sociedade galega non coñeza o contido das contas públicas e do seu debate parlamentario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario