• Criticou aos socialistas porque, por unha banda, critican que nos pasamos no control do déficit e, simultaneamente, cuestionan o crecemento da débeda galega”
O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou no Parlamento que a Xunta está pagando menos xuros pola débeda pública “porque estamos cumprindo os obxectivos de estabilidade, o que permite que teña cartos para investir en gasto social”.
Pedro Puy afirmou que “Galicia ten mellorado todos os ratios de custo da débeda pública autonómica, reducíndoa desde o ano 2007 do 4,93 ao 3,68 do custo medio, situándose non só por baixo da media das comunidades autónomas senón tamén do Estado”.
RELAXACIÓN DOS OBXECTIVOS DE DÉFICIT
“Non hai ningunha decisión adoptada sobre a relaxación dos obxectivos de déficit que se pactaron, salvo anuncios de que son posibles porque as políticas de reforma estrutural que fixo o Goberno de Mariano Rajoy están reducindo á metade o déficit estrutural da economía española e permiten ampliar a marxe do déficit cíclico para combater a crise da nosa economía”, sinalou. Neste sentido, recordou que “a única vez que se ampliou o obxectivo de déficit para as comunidades autónomas foi co actual Goberno, que ampliou do 1,3 que deixara o Goberno socialista ao 1,5 por cento”.
O portavoz popular criticou as “moitas contradicións” do Partido Socialista en materia de loita contra o déficit e de estabilidade orzamentaria. Máis en concreto, dixo que “ata hai ben pouco asumían os compromisos coa Unión europea de redución do déficit, incluso cando eran superiores aos que conseguiu pactar Mariano Rajoy recentemente; apoiaron en xuño de 2011 unha Lei de disciplina e sustentabilidade orzamentaria en Galicia e en agosto pactaron una reforma constitucional que pretendía limitar o déficit estrutural para ter marxe de actuación contracíclica co 3 por cento de déficit que permite o pacto de estabilidade”.
“Sen embargo, no presente critican o cumprimento do obxectivo de déficit dicindo que nos pasamos, porque chegamos ao 1,19 cando tiñamos de marxe 1,5 e que tiñamos que ter gastado 175 millóns de euros máis procedentes da débeda; pero ao mesmo tempo non deixan de cuestionar o crecemento da débeda galega e a consecuencia que iso vai ter para as finanzas públicas no futuro”, sinalou Puy.
APORTACIÓNS DO ESTADO
Para rematar, Pedro Puy lembrou que as aportacións realizadas polo Estado en beneficio das comunidades autónomas. “Faise cargo dos máis de 100.000 millóns de euros de financiamento territorial, dos máis de 38.000 millóns de pago de intereses de débeda pública, dunha partida de máis de 15.000 millóns de euros de contribución á Seguridade Social para garantir as pensións ou dos 40.000 millóns que costa ao Estado o mantemento do seguro de desemprego das clases pasivas e outros gastos fixos, como a constitución á Unión Europea”, explicou.
No caso concreto de Galicia, o Estado “está garantindo con 3.000 millóns de euros as pensións e as cotizacións dos desempregados”, sinalou Puy, quen anunciou que “iremos ao Consello de Política Fiscal e Financeira defendendo os intereses dos galegos, que inclúe tamén a capacidade do Estado de manter as pensións e as prestacións por desemprego”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario