miércoles, 17 de abril de 2013

O PPdeG acusa ao BNG de preocuparse máis por politizar a educación que por mellorala

O PPDEG ACUSA AO BNG DE ESTAR MÁIS PREOCUPADO EN POLITIZAR A EDUCACIÓN QUE EN TRABALLAR PARA MELLORALA



• Segundo o voceiro de Educación, Román Rodríguez, o PPdeG está facendo aportes a Lei “como que se teña en conta a dispersión demográfica a hora de financiar os servizos públicos ou se mellore o sistema de atención á diversidade e vemos moi positivo que algúns aspectos do sistema educativo galego se recollan na norma estatal”


• “Despois de máis de 30 anos cun sistema educativo baseado en leis educativas socialistas os resultados non son satisfactorios nin acordes cos recursos públicos invertidos”




O voceiro de Educación do PPdeG, Román Rodríguez, acusou onte ao BNG de “estar máis preocupados en politizar á educación que en traballar para mellorala” en referencia a unha iniciativa debatida na Comisión de Educación e Cultura celebrada hoxe e na que pedía a retirada do Anteproxecto de Lei Orgánica para Mellora da Calidade Educativa.


Segundo Román Rodríguez “esta iniciativa é exactamente igual a unha debatida xa no mes de febreiro, mesmo texto na parte resolutiva e mesmo texto na exposición de motivos, e a repetición deste debate só se entende polo interese de amplificar as movilizacións que están impulsando de xeito coordinado a CIG-Ensino e outras organizacións e utilizar o Parlamento de caixa de resonancia para as convocatorias inxustificadas de peches en diferentes centros educativos do pais”. “Cada vez pensan menos no alumnado galego e só lles interesa buscar malos titulares para minimizar o traballo que se está a facer en educación neste país, prefiren participar e organizar algaradas de todo tipo que traballar en positivo e facer aportacións para achegarnos aos parámetros dos países máis avanzados” segundo o voceiro do PPdeG.


Para Román Rodríguez a Educación do noso pais merece “unha revolución silenciosa que a permita mellorar e achegarnos aos parámetros dos países máis avanzados do noso entorno pero non convertirse nun escenario de loita partidista e de revolucións abruptas que só persiguen intereses políticos”.


“Despois de máis de 30 anos cun sistema educativo baseado en leis educativas socialistas os resultados non son satisfactorios nin acordes cos recursos públicos invertidos” indicou o voceiro de Educación, así indicou que a pesar de que a financiación por estudiante é das maiores dos paises do noso entorno “os resultados en educación están moi por debaixo”.


Por elo, dende o PPdeG, “entendemos que na nova Lei de Mellora da Calidad Educativa “é un proxecto que vai permitir modernizar e incrementar a calidade e os resultados do sistema educativo español e por extensión o galego”. Nese sentido o PPdeG está a facer aportacións á Lei “como que se teña en conta a dispersión demográfica a hora de financiar os servizos públicos ou se mellore o sistema de atención á diversidade”.Así mesmo, indicou Román Rodríguez, vemos “ moi positivo que algúns aspectos do sistema educativo galego se recollan na norma estatal, como o plurilingüismo, ou a potenciación da Formación Profesional”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario