O PPDEG LAMENTA O OPORTUNISMO E A DEMAGOXIA DOS SOCIALISTAS “XA QUE PARA ELES O TEMA DOS DESAFIUZAMENTOS NON EXISTÍA MENTRES GOBERNARON”
• “No PP somos diferentes: no ano 2012 o Goberno de España aprobou dous decretos encamiñados a facilitar a reestruturación da débeda e para introducir unha moratoria nos desaloxos”
• A lei que se está a tramitar esixe, entre outras, que se eliminen as cláusulas abusivas, que se amplíe o número de impagos antes de que se inicie a execución, que se reduzan os intereses de demora ou que se eleve o umbral para que máis afectados poidan acollerse as medidas de protección
O deputado do PPdeG Gonzalo Trenor lamentou no Parlamento o “oportunismo e a demagoxia dos socialistas xa que manteñen unha preocupación intermitente cara os problemas dos cidadáns , segundo estean no goberno ou na oposición, e para eles o tema dos desafiuzamentos non existía mentres gobernaron”. Así respostou a unha iniciativa do PSOE na Comisión de Economía que cualificou de “oportunista, demagóxica e irresponsable”.
O deputado popular recordou que entre o ano 2007 e o 2011 houbo máis de 300.000 “pero o goberno do PSOE non os recoñecía como non recoñecía que había crise ou paro”. “E neso no PP somos diferentes e así o goberno de España aprobou dous decretos para protexer aos cidadáns: un encamiñado a facilitar a reestructuración da débeda e outro para introducir unha moratoria nos desaloxos” indicou Gonzalo Trenor.
A lei que se está a tramitar, segundo indicou o deputado do PPdeG, esixe, entre outras, que se eliminen as cláusulas abusivas, que se amplíe o número de impagos antes de que se inicie a execución, que se reduzan os intereses de demora ou que se eleve o umbral para que máis afectados poidan acollerse as medidas de protección.
Pola súa banda, por parte da Xunta de Galicia, segundo Gonzalo Trenor, púxose en marcha no ano pasado o Programa de Realoxo de Afectados por Execucións Hipotecarias polo que os afectados terán acceso a vivendas “en un réxime de aluguer social e, en determinados casos, a vivendas en réxime de ocupación temporal sen custe”.
Gonzalo Trenor tamén puxo como exemplo da “demagoxia socialista” o punto da súa iniciativa na que insta á Policía Autonómica a non intervir en casos de desafiuzamento cando “nos últimos tres anos acudiron por orde xudicial tan só para garantir os dereitos dos menores, por cuestión de seguridade e para protexer o patrimonio paisaxístico e urbano de todos os galegos nun total de seis veces e en ningún caso por unha execución hipotecaria”.
O deputado do PPdeG criticou a actitude “oportunista, demagóxica e irresponsable dos socialistas ante unha crise que está causando estragos aos cidadáns que se visualizan na perda de postos de traballo e nas dificultades das familias para facer fronte as débedas asumidas anos atrás”. De ahí, indicou Gonzalo Trenor a valoración positiva da posta en marca de medidas “tanto por parte do Goberno do Estado como da Xunta para intentar mitigar esa situación”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario