Galicia converteuse despois da aprobación no Consello da Xunta
do Proxecto de Lei de medidas fiscais para 2012, na primeira comunidade que
presenta os seus presupostos e as súas medidas de carácter económico e fiscal.
Nun momento no que as comunidades
van prorrogar os seus presupostos e no que o Goberno de España nin aproba
presupostos novos nin prorroga os do ano 2011, Galicia ten unha política orzamentaria
e fiscal cun dobre obxectivo: manter a
resgardo de recortes abruptos os servizos públicos esenciais (3 de cada
4 euros irán destinados a servizos sociais) e frear a caída do investimento
producida nos tres últimos anos nos presupostos da comunidade.
No que atinxe ás medidas fiscais,
destacan a bonificación do 50% do coeficiente de vertedura, durante o ano que
ven, en todas as estacións depuradoras de augas residuais xestionadas pola
Xunta; a redución do IRPF aos emprendedores que coticen no mercado alternativo
bursátil; exencións para todas as familias que teñen un crédito hipotecario que
queren amortizar anticipadamente, ampliar o prazo de pagamento ou cambiar de
banco a hipoteca.
Ademais, establécese un novo
beneficio fiscal do 100% en actos xurídicos documentados para os créditos e
préstamos cando se modifique o sistema de amortización ou calquera outra
condición financeira.
En relación aos concellos,
modifícase a lei para que o canon de aproveitamento eólico se poda dedicar ao
pagamento de servizos municipais relacionados co medio ambiente. Trátase, polo
tanto, de dar maior capacidade de pago aos concellos de xeito que o que reciben
do canon eólico o poidan dedicar ao pagamento, por exemplo, das facturas do
lixo ou doutros servizos de medio ambiente aos que teñen que facer fronte desde
a administración local.
Orzamentos 2012
Por outra banda, os que falan
de que os orzamentos da Xunta dan a
espalda aos galegos son os que deixaron as arcas desta comunidade comprometidas
durante anos por froito da súa responsabilidade orzamentaria. A línea de
traballo firme e eficiente do Goberno galego en materia orzamentaria coloca a
Galicia nunha situación de vantaxe con respecto a outras comunidades que están
empezando agora a reconducir a súa situación. Levamos máis de dous anos e medio
de vantaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario