lunes, 14 de noviembre de 2011

BLANCO AO SUPREMO


Non imos a ser inquisidores, deixámoslle ese papel ao ministro, que gosta moito de poñer en tela de xuízo aos demais. El saberá o que ten que facer con arreglo aos parámetros e ao listón que poñía aos demais.

O problema é que agora José Blanco pide para el o que negou para outras persoas: a presunción de inocencia. O ministro nunca tivo a máis mínima comprensión cando os demais lle dicían que non se fagan xuízos mediáticos e agora pide o respeto que sempre negou ao resto.

Nós consideramos que Blanco xa tería que ter dimitido desde o primeiro momento en que surxiron as dúbidas sobre a pulcritude  da súa xestión política, para non prexudicar a vida pública.

Un xuíz de instrucción non manda a causa ao Tribunal Supremo sen ver indicios de criminidalidade. Por tanto, pode haber dúbidas con respecto á honradez de Blanco.
A remisión desde un xulgado de Lugo ao Tribunal Supremo da causa relativa á “Operación Campión” converte a este asunto no “Caso José Blanco”.
O que menos precisa España neste momento son políticos baixo sospeita. Se Blanco fose militante do PPdeG cesaríaselle das súas responsabilidades no Goberno. 
A responsabilidade de Blanco, que se nega a dar explicacións dos seus actos, incluída unha estraña reunión nunha gasolineira, elévase agora a Zapatero, que o mantén como ministro, e a Rubalcaba, que segue téndolle de número un por Lugo nas listas do seu partido.
Se Blanco segue sen asumir as responsabilidades políticas que lle corresponden, con arranxo ao listón de esixencia moral que el estableceu nesta Lexislatura, que deberían consistir na súa dimisión inmediata como ministro e a súa renuncia a ser candidato a deputado, Zapatero e Rubalcaba están obrigados a cesarlle de ambas as responsabilidades.
Non teñen sentido as declaracións realizadas polo aínda ministro, nas que alude a que a elevación da causa ao Supremo pon fin á súa indefensión. E non o teñen porque Blanco sabe que el está de todo menos indefenso, como demostran algunhas das manobras emprendidas desde a Fiscalía. De feito, sería desexable que o fiscal xeral, Cándido Conde Pumpido, deixe de interferir neste asunto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario