Pedimos o voto do cambio, o voto ao PP, para levar á Moncloa o sentido
común galego que representa Mariano Rajoy.
Contamos cun programa para que España recupere a
confianza en si mesma porque hai razóns: son todos e cada un dos españois. Co voto ao PP podemos converter en pasado a España dos
cinco millóns de desempregados da improvisación e da ausencia de compromiso.
Convidamos a cada un dos cidadáns a aproveitar
para expresarse nas urnas e para ilusionarse e recuperar a confianza no futuro
a través do voto á formación dos populares.
Non imos prometer imposibles pero si van
comprometerse a facer todo o posible.
Pedimos o voto aos que fieis que sempre votaron
aos populares, aos que os deixaron de votar, aos que nunca votaron, aos
defraudados pola xestión do seu partido e aos que se senten desanimados pola
crise, para dicirlles que pode haber unha esperanza marcada no calendario e é o
20 de novembro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario