CHOU
Valoramos moi positivamente o inicio da ampliación e mellora do
Complexo Hospitalario de Ourense, cun investimento total de 135 millóns de
euros. Así, coa licitación por parte do Goberno galego, proximamente, da
construción dun novo edificio que albergará toda a hospitalización do CHOU,
ponse en marcha a quinta gran infraestrutura hospitalaria na Comunidade.
Somos conscientes de que a sanidade pública en Ourense non precisa
soamente de máis promesas, senón de realidades concretas. Así, mentres noutras
comunidades se pechan centros médicos, en Galicia non só se abren máis senón
que tamén se levan a cabo grandes infraestruturas sanitarias.
Hospital 2050
Por outra banda, o Goberno galego tamén decidiu comezar en Ourense a
deseñar o hospital do futuro, non só de España senón de Europa, e aplicar boa
parte dos recursos do Hospital 2050 na cidade.
Polo tanto, a Xunta non só fará un edificio para albergar toda a
capacidade de hospitalización da cidade, senón que innovará en cada unha das
decisións que conformen ese novo edificio de hospitalización.
Desde Ourense comezaráse a desenvolver un hospital respectuoso co medio
ambiente; un hospital con máis tecnoloxías que o resto dos hospitais convencionais
e un hospital que será o futuro da innovación e do confort hospitalario.
Con respecto a isto, subliñamos que durante os momentos de benestar
nunca houbo tantas obras en hospitais públicos como agora hai en momentos de
crise. Nesta lexislatura, rematouse e púxose a funcionar o novo Complexo
hospitalario de Lugo; estase a construír un novo Complexo hospitalario en Vigo;
e tramítase un novo Complexo hospitalario en Pontevedra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario