miércoles, 21 de diciembre de 2011

SITUACIÓN PARO


Somos plenamente conscientes de que Galicia está nunha situación crítica con respecto á perda de postos de traballo aínda que tamén é certo que o comportamento da comunidade neste sentido é mellor que o do conxunto do Estado e pensamos que é posible que se cree emprego a finais do vindeiro ano.

É certo que España ten o doble de taxa de paro que Europa pero Galicia, en relación coa media do conxunto do Estado, ten 4,3 puntos menos de paro. Se España tivese a mesma taxa de desemprego que Galicia, hoxe contaría cun millón de persoas máis traballando.

Galicia é a oitava comunidade onde menos medrou o paro en 2011, ademais de levar sete meses deste ano  con menos paro rexistrado que a media española.

Nesta liña, lembrámoslles aos nacionalistas que cando apoiaban no Parlamento ao bipartito, o paro en Galicia aumentara un 56% no último ano, mentres que, polo momento, na actual lexislatura lévase un aumento do 16%.

Cómpre seguir traballando e, como cifra optimista, recalcamos que dos 31 meses da actual lexislatura, en 26 deles o Índice de Producción Industrial foi superior en Galicia á media estatal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario