A solución a este problema pasa pola colaboración co Concello de
Valdoviño xunto coa dos veciños e a coordinación e colaboración entre as
diferentes administracións.
As preocupacións dos veciños son consecuencia da falta na previsión do
urbanismo no Concello de Valdoviño, a deficiencia do deseño das infraestruturas
de acceso e, sobre todo, a falta de consideración da existencia de unha cota de
inundación da lagoa.
As solucións estables van pasar, polo tanto, por resolver as cuestións
relativas á accesibilidade ás vivendas polas fachadas traseiras das mesmas. De
igual xeito deberáse avaliar a posibilidade de corrección da cota do paseo
marítimo por riba da de inundación.
Os técnicos do departamento de Conservación da Natureza da Consellería
de Medio Rural foron invitados polo Concello a participar este martes nunha
reunión técnica, xunto con técnicos doutras administracións con competencias
sectoriais nas Costas e nas Augas, cara a proporcionar por unha parte solucións
inmediatas e por outra estables fronte aos efectos das inundacións dos terreos
do contorno da lagoa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario