O presidente
de Novas Xeracións de Galicia, Javier Dorado, lamenta profundamente, en nome da
formación xuvenil, o pasamento de don Manuel Fraga Iribarne, pero asegura que o
Presidente Fundador do Partido Popular deixa no país unha canteira disposta a
perpetuar o seu valioso legado.
Javier Dorado tamén quere
transmitir o máis sentido pésame dos membros de Novas Xeracións á familia e aos
achegados de don Manuel, así como aos populares, que coa súa marcha quedan
políticamente orfos, e ao pobo galego en xeral, que sempre estará en débeda co
seu defensor máis acérrimo.
Como asegura Dorado, para os
membros de Novas Xeracións don Manuel Fraga é un exemplo a seguir non só en
Galicia, onde foi autor da maior modernización que experimentou a comunidade,
senón tamén a nivel estatal, por ser un dos pais da Constitución, un dos
protagonistas da Transición e o fundador do partido con máis apoios de España.
Os mozos e mozas de Novas
Xeracións de Galicia non poden máis que sentirse orgullosos por formar parte do
proxecto político que Fraga creou e comprométense a traballar arreo pola
comunidade cuxo nome don Manuel levou alí onde foi.
· Javier Dorado asegura que don Manuel Fraga é un exemplo a seguir non só en Galicia, senón tamén a nivel estatal, por ser un dos pais da Constitución, un dos protagonistas da Transición e o fundador do partido con máis apoios de España
· Novas Xeracións de Galicia non pode máis que sentirse orgullosa por formar parte do proxecto político que Fraga creou e comprométese a traballar arreo pola comunidade cuxo nome levou alí onde foi
No hay comentarios:
Publicar un comentario