
A marcha de Beiras e os “irmandiños” é a sangría final dunha hemorraxia
interna pola que se han ir numerosos e destacados cargos e dirixentes da
formación desde que a UPG se impuxo na Asemblea de fai quince días. E aínda
falta por anunciarse a previsible escisión dos partidarios de Aymerich.
Con todos estas saídas, o Bloque vai converterse na marca branca da
UPG, o disfrace de cordeiro dun lobo marxista-leninista propio doutras épocas.
Esta inestabilidade interna, estas constantes convulsións, impiden ao
nacionalismo converterse nunha forza crible para liderar un proxecto político
para Galicia.
No entanto, Beiras representa o pasado máis remoto. Foi un dirixente
constantemente derrotado nas urnas por Manuel Fraga nos anos noventa. E o que
Galicia non quería entón, parece moi improbable que o vaia a querer agora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario