jueves, 22 de marzo de 2012

FUSIÓN CONCELLOS


Os populares vemos ben que, aberto oficialmente o debate das fusións, haxa alcaldes que contacten entre si para explorar esta vía. Como defendemos sempre, debe ser unha decisión voluntaria dos municipios, que desde o pasado mércores conta ademais co respaldo dos dous principais partidos de Galicia.

En todo caso, gustaríanos facer un chamamento á normalidade, e non inxectar demagoxia neste asunto, xa que as conversas entre alcaldes deben levar con calma, pensando sempre no mellor beneficio dos veciños, e facendo números que garantan a sustentabilidade do municipio resultante .  

No hay comentarios:

Publicar un comentario