
En todo caso, parece razoable a súa proposta para que os beneficiarios
da sanidade pública contribúan en función da súa renda ao gasto farmacéutico.
Mellor copago farmacéutico que pago por prestacións sanitarias. Lembramos que
en Galicia non hai nin unha cousa nin outra. En calquera caso, os populares
galegos cremos que este debate non pode vir dunha única comunidade, senón que
ten que abordarse a nivel estatal.
En Cataluña, o PP abstívose na votación do copago (non votou a favor)
despois de conseguir que CiU rebaixase as súas pretensións. Agora, quedarán
exentos os enfermos crónicos, as persoas con pensións non contributivas ou
rendas de inserción, e será un euro por receita e non por medicamento. Ademais,
a medida será temporal. E se Cataluña ten que chegar a este extremo, é polo
estado calamitoso en que o PSC e os seus socios nacionalistas deixaron as arcas
autonómicas. Este conto sóanos en Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario