lunes, 26 de marzo de 2012

PLAN E


Un ano despois, queda demostrado que os españois pagamos unha factura de 15.000 millóns de euros en balde. As ocorrencias do Goberno socialista foron daniñas para as contas do Estado e non tiveron repercusión algunha no emprego. Foi unha máis das incongruencias de Zapatero: criticou a burbulla inmobiliaria, pero tentou sostela cun cheque milmillonario para facer obras en beirarrúas, parques e xardíns.

Afortunadamente, os españois votaron o 20-N a favor dun Goberno serio, rigoroso, previsible. Todo o contrario da improvisación permanente, o bandazo constante e a ocorrencia perpetua da que fixo bandeira o PSOE e Zapatero. O problema é que en Galicia, os socialistas seguen instalados nesta fórmula, cun líder irrelevante ao que non respecta nin a metade do seu partido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario