Rubalcaba
fala de que mentres o PSOE vai do lado dos sindicatos o PP vai do lado dos
obispos amosando tanto unha falta de respecto cara os afiliados do seu partido
como cara a toda sociedade española.
Mesturar
ideoloxía política, dereitos dos traballadores e confesión relixiosa é
simplemente querer confundir a sociedade e o que é peor, tratar de dividila.
Non
nos gusta a xente que trata de dividir a España entre os bos e os malos, non
nos gusta a xente que se cre acreedora dunha superioridade moral que o seu
pasado non sostén e non nos gusta a xente que non traballa por España e os
españois, senón en contra dela.
Nestes
momentos de crise económica, a imaxe que un país traslada ao exterior é moi
importante para xerar confianza nos investidores e os nosos socios europeos e
polo tanto España non pode comportarse como Grecia, un país necesitado de
rescate para evitar a quebra.
Despois de perder nas urnas, a
esquerda pretende gañar na rúa apelando a un suposto clamor social contra as
reformas do Goberno de Rajoy. Con respecto a isto teño que dicir que o único
clamor que existiu en España foi o do 20-N, no que unha maioría abafadora de
españois confiou no proxecto do PP para endereitar o rumbo dun país deixado á
deriva polo PSOE e os seus socios da esquerda.
Xa sabemos que hai partidos que
quixeran que España fose Grecia, pero os populares advertímoslles que non todo
vale.
No hay comentarios:
Publicar un comentario