
Gustaríanos que houbese unha maior sensibilidade para coas vítimas
reais desta crise por parte dos sindicatos, que en todo este proceso,
preferiron a pancarta e a protesta á presentación de alternativas.
Queremos lembrar que, ao contrario que outras autonomías, non se lles
vai a baixar o soldo aos funcionarios da Xunta, senón que se van a limitar
temporalmente unha serie de complementos e beneficios dos que gozaban ata
agora. O PSOE non está lexitimado para criticar estas medidas despois de que
Zapatero rebaixase o 5% do salario dos empregados públicos.
Este Plan só baixa o salario aos altos cargos da Xunta que deixarán de
cobrar o plus aprobado polo bipartito, e os directivos das empresas públicas.
A Xunta tomou, toma e tomará sempre decisións polo interese xeral de
Galicia, co obxectivo primordial de blindar as prestacións sociais e cumprir
cos seus obxectivos de estabilidade orzamentaria, que son os que permiten
financiarse a un menor interese.
No hay comentarios:
Publicar un comentario