lunes, 23 de abril de 2012

AVE A GALICIA


O PP destaca a rapidez e contundencia coas que a ministra Ana Pastor acalou as críticas que, como de costume, aumentan desde Cataluña contra a AVE a Galicia. Os populares coincidimos en sinalar que se trata dunha infraestrutura esencial para vertebrar España, pero por encima diso, para dotar de competitividade a todo o Noroeste, e deixar de ser unha esquina marxinal do mapa.

Durante anos, privilexiouse ás comunidades con máis poboación. Agora chegou o momento de que o Noroeste dispoña das mesmas infraestruturas que Andalucía, Valencia ou Cataluña. É unha cuestión de xustiza histórica que o PP defendeu desde o ano 2004, e que hoxe sería unha realidade incuestionable de realizarse os investimentos que estaban proxectadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario