
O Goberno de
España, a diferenza da pasada lexislatura, non lexisla a golpe de ocorrencia
nin de improvisacións, senón que ten un programa de reformas que empezou a
aplicar desde o primeiro día, e que xerou un aumento da confianza dos
investidores e os mercados cara ao noso país.
España non mira
cara a ninguén, non critica aos seus socios, pero tan só esixe respecto ao seu
lexítimo Goberno e a unha senda de reformas que está a ser aplaudida polo BCE,
o FMI, Alemaña e a maioría de analistas económicos de Europa.
Os populares
admitimos que as reformas non están a ser agradables para ninguén, nin para a
cidadanía nin para o Goberno, pero son necesarias e imprescindibles. España non
pode ser, como foi este últimos sete anos, un país que xere inestabilidade e
cun déficit desbocado. Se hoxe hai que acometer estas duras reformas é por unha
herdanza ruinosa recibida, por máis que o PSOE prefira nin ouvir falar dela.
E se de forma
irresponsable, a esquerda e o nacionalismo pon paus nas rodas das reformas e
xeran un clima de inestabilidade social que nos faga reproducir as escenas
sociais de Grecia, os populares lembramos as palabras de De Guindos onte: “como
veñan outros a facer os Orzamentos, van ver que é un axuste de contas”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario