lunes, 2 de abril de 2012

LEI DE TRANSPARENCIA


O Goberno aprobará en Consello de Ministros unha Lei de Transparencia, pola que se publicarán todos os usos que se dean ao diñeiro público, desde subvencións, obras, axudas, nomeamentos e salarios. Ademais haberá sancións administrativas para os políticos que malgasten, que gasten diñeiro sen respaldo orzamentario, que deixen en herdanza facendas crebadas, como se está descubrindo desde as pasadas autonómicas e municipais.

Entendemos que ao PSOE non lle guste esta lei, porque é un consumado arruinador e despilfarrador. Pero os cidadáns merecen saber a qué se dedica o diñeiro dos seus impostos, e que se castigue cunha inhabilitación ao político irresponsable. O Goberno de Mariano Rajoy quere seguir xerando confianza, e con esta medida perséguese acabar coa mala xestión intencionada, co malgaste como único proxecto político.

No hay comentarios:

Publicar un comentario