martes, 3 de abril de 2012

PREVISIÓNS FIN RECESIÓN


Un estudo de 16 universidades españolas afirma que a economía galega será a terceira que menos caia este ano, e a segunda que máis creza en 2013 (informa Faro).

É a mellor proba de que Galicia ten unha política económica eficiente, que dá os seus froitos, e que justifica as decisións tomadas pola Xunta até o momento. Esta comunidade veu facendo os deberes durante toda a lexislatura para saír da crise á primeira oportunidade, e esta presentarase en 2013, cando a economía do Estado empezo a remontar.

A economía galega ha estado nunha mellor situación que o resto de España durante toda a lexislatura. Galicia aproveitou os seus recursos como o Xacobeo para crecer mentres o Estado decrecía, e mantivo o seu diferencial de desemprego, catro puntos por baixo do estatal. Xa sabemos que a oposición non vai recoñecer os logros do presidente Feijóo, pero estamos seguros de que a cidadanía si os valora. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario