Pachi Vázquez pediu onte outra vez que Feijóo adiante as eleccións.
Entendemos que o líder socialista queira evitar custe o que custe as primarias
do seu partido para elixir o candidato das autonómicas. Pachi, que gañou no
desconto o último congreso do PSdeG, ten medo de que esta vez non lle sorría a
sorte e os seus compañeiros de partido, eses que van desafiar ao aparello
oficial que el representa nos congresos provinciais, non o queiran como candidato
á Xunta.
O presidente Feijóo é o único que pode fixar a data das próximas
eleccións, e xa avanzou que esgotará a lexislatura para poder cumprir coa
axenda lexislativa que está marcada pola Xunta. Os populares galegos non
pensamos en eleccións, como parece que si fai a oposición, senón en seguir
apoiando a un Goberno que toma decisións para que Galicia estea o mellor
preparada para saír da crise en canto a conxuntura económica o permita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario