
De paso, desmóntase unha mentira máis de Pachi Vázquez, ao que tanto se
lle enchía a boca de querer configurar un PSOE maioritario e con intención de
gobernar en solitario. Xa vemos que as présas e as ansias de poder fanlle
volver aos brazos do nacionalismo máis radical e extremo, que é o que hoxe
representa o BNG tras a onda de desercións derivadas do triunfo da UPG na súa
última Asemblea.
Fronte a eles, o PP seguirá mantendo un proxecto para Galicia baseado
no rigor, a planificación económica, a austeridade e a eficiencia dos recursos
públicos. E de total transparencia co cidadán: a Xunta explicará o contido do seu
plan de estabilidade orzamentaria tras o Consello de Política Fiscal e
Financeira, que será a mediados de mes. E entón verase que mentres outras
comunidades tiveron que facerlle buracos novos ao cinto, Galicia atópase nunha
situación máis vantaxosa e poderá continuar coa súa política actual.
No hay comentarios:
Publicar un comentario