Galicia só terá que axustar 68 millóns de euros no seu Orzamento para
cumprir co déficit do 1,5% fixado polo Estado para 2012. Isto representa o 0,4%
do total de 15.000 millóns de axuste que terán que facer o resto de autonomías.
Esta é a recompensa que obtén Galicia por levar a cabo unha política económica
planificada, rigorosa e solvente.
Mentres outras comunidades necesitan cobrar pola comida dos hospitais
ou pechar centros, poñer peaxes nas autovías autonómicas, subir ao máximo as
taxas universitarias e aumentar o número de alumnos por clase e outras medidas
igual de severas, Galicia pode permitirse non aplicalas grazas a que fixo as
cousas ben no últimos tres anos.
Galicia está mellor que o resto de autonomías de España, e por iso, o
seu esforzo será moi pequeno para cumprir co déficit, mentres que outras
comunidades terán que axustar miles de millóns de euros. Os galegos teñen que
visualizar que os sacrificios deste tres anos valeron para evitar o buraco
orzamentario en que caeron outras rexións. Foi un logro colectivo de Galicia.
Os populares galegos esperamos que a oposición sexa responsable e
recoñeza a xestión do presidente Feijóo. Que por unha vez, non antepoña os seus
intereses electorais aos de Galicia, e admita que as cousas se fixeron
economicamente moi ben, e hoxe Galicia non só cumpre co obxectivo de déficit,
senón que é das autonomías con menos tempo de espera en pago de facturas, de
maior solvencia financeira, de mellor cualificación polas axencias de rating, e
que non necesitou axuda do Estado para pagar a provedores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario