
Tampouco sorprende que un socialista dea usos inapropiados a un coche
oficial. No bipartito era unha práctica habitual. Pero que un político se baixe
dun vehículo oficial para reivindicar os dereitos dos parados é un exercicio de
cinismo político sen precedentes.
O PP lamenta que as explicacións que teña que dar Abel Caballero se
limiten a descualificar o labor dos medios de comunicación, chegando a acusalos
de “antiviguismo” O principal inimigo a día de hoxe de Vigo é o propio
Caballero, que resucitou un localismo populista impropio da Galicia do século
XXI, e devalúa a imaxe da primeira cidade galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario