viernes, 4 de mayo de 2012

AXUSTES EDUCACIÓN E SANIDADE


Sanidade
Cómpre ser prudente e agardar para ver qué determina a orde que desarrolle as taxas e supostos de pago por transporte sanitario e, cando exista esta normativa, poderase avaliar e decidir a súa aplicación en función da marxe que deixe a lexislación básica.

En calquera caso, os populares galegos prometen ser sensibles e consecuentes coas características propias da xeografía galega, como a dispersión, e co tipo de patoloxía dos pacientes para as que se requira o transporte sanitario.

Polo momento non se produciu  ningún cambio nas ambulancias e nin nos vindeiros días, nin semanas, nin meses se vai cobrar nada ata que haxa unha proposta por parte do Ministerio e esta sexa avaliada polo Consello Interterritorial de Saúde.

Lembramos que España é un dos países europeos en situación máis delicada e, aínda así, pode ser un dos poucos que non cobre nada pola asistencia sanitaria, xa que na maioría dos países da zona euro cobran unha taxa ou un precio polos servizos sanitarios.
Educación
Tamén na educación hai un compromiso por parte do Goberno galego de que Galicia seguirá entre as comunidades coas menores taxas universitarias e, por tanto, moverémonos na banda máis baixa do aumento das taxas en España.

Segundo as estatísticas da conferencia de rectores, os universitarios de España abonan un 16,3% das taxas mentres en Galicia a cifra é do 14,7%.

Do mesmo xeito, non se contempla incrementar o ratio de alumnos por aula.

Así, a pesar da crise económica, as universidades galegas seguirán estando dentro das universidades con menores taxas de España e, nas escolas galegas, haberá menos alumnos e máis profesores que na media das comunidades autónomas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario