lunes, 7 de mayo de 2012

TAX LEASE


Os populares seguiremos traballando sen descanso para buscar alternativas ao “tax lease”, e que os estaleiros españois (especialmente os da ría de Vigo) recuperen a súa competitividade fronte aos franceses ou os holandeses.

Non obstante, lembramos que a suspensión do sistema de bonificacións fiscais que se aplica na construcción de barcos non será un obstáculo para pechar contratos coa petroleira mexicana Pemex, coa que o Goberno galego anunciou un principio de acordo que dotaría de carga de traballo a estaleiros e industria auxiliar.

Se a empresa e os estaleiros chegan a acordos de financiación pode haber alternativas.

O Goberno galego, así como o central, están centrados en buscar solucións ao sector naval, estratéxico para Galicia, e non descansarán neste empeño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario