Ao final desta lexislatura o Goberno galego terá avaliado o 80% da
chamada administración paralela, que quedará reducida nun 50%. Así, 120
organismos serán avaliados, outros 73 entes serán eliminados ou reformulados e
no 50% que se manterán introduciránse 500 medidas de eficacia.
Isto vai supoñer un aforro de 100 millóns de euros, é dicir, 25 millóns
anuais que se poden destinar a temas máis importantes, como á prestación dos
servizos sociais básicos.
Lembramos que na súa primeira fase, o Plan de
racionalización da Administración autonómica galega supuxo a avaliación de 64
organismos. Estas fase está completada ao 97%. Así, 42 destes organismos foron
suprimidos, 3 refundidos e 16 reducidos. No mes de febrero presentouse a
segunda fase, que recolle a análise doutros 55 entes co obxectivo de eliminar
ou reformular 25 e introducir melloras noutros 30.
Por outra banda, destacamos a anticipación, o
alcance, a transparencia e a eficacia que está a demostrar o Executivo
autonómico na redución da Administración paralela.
Este Plan supón un esforzo non só en
anticipación e en dimensión, senón tamén en transparencia xa que se vai seguir
informando cada 90 días de cómo se está executando esta segunda fase do plan de
reestruturación.
E por último supón unha capacidade de xestión
e eficacia, porque hai unha evidente complexidade técnica e hai unha evidente
dificultade administrativa, xurídica e patrimonial, para facer este traballo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario