miércoles, 20 de junio de 2012

AEROPORTOS


A Xunta aplicará un novo modelo para o impulso e potenciación do tres aeroportos galegos, baseado na promoción dos nosos destinos turísticos e non na subvención ás aerolíneas, como viña facendo ata agora. Nun primeiro paso, incorpóranse Alvedro e Peinador a esta estratexia, e en 2014 farao Lavacolla, cando finalice o convenio que ten subscrito con Ryanair.

A Xunta e o PP mantemos que os tres aeroportos son necesarios, viables e complementarios, pero que non poden facerse competencia uns a outros, e precísase dunha coordinación para lograr o obxectivo común de plantarlle cara ao Porto. O investimento será similar para os tres aeródromos, de modo que non cabe o discurso victimista que algún alcalde adoita entoar.

A prioridade será consolidar as rutas existentes, pero non para que os galegos coñezan Europa, senón para captar viaxeiros do exterior que impulsen a recuperación do sector turístico de Galicia, que supón o 11% do PIB. O novo modelo é responsable, esixe contrapartidas ás aerolíneas e acaba coas axudas a fondo perdido sen garantías nin retornos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario