A Xustiza avalou as inspeccións que a Xunta realizou a Unións Agrarias
par coñecer o uso dado ao diñeiro público que o bipartito lle concedeu en forma
de subvencións. Desmóntase así outra gran mentira do PSOE, como era a suposta
persecución dun sindicato, e cobra forza a visión de que os socialistas non
querían que se coñecese a verdade: que as axudas concedidas alimentaron a “trama
agraria” e permitiron contratar a persoas afíns ao PSOE saltándose as
condicións estipuladas.
A Xustiza asevera que a Xunta actuou de forma legal e dentro das súas
competencias. Non hai, por tanto, abuso de poder, nin exceso de celo, nin
ningunha das acusacións que lanzou o PSOE para non aclarar estas millonarias
axudas dadas ao seu sindicato agrario, baixo sospeita desde que se coñeceu a
trama da axente electoral. Nin houbo asalto ás sedes, nin “noite dos cristais
rotos”, nin “brigada neonazi”, como denunciaba Pablo García. Un xuíz avala que
a Xunta controle o diñeiro público que concede.
Xa sabemos que nin Pachi nin o PSOE piden desculpas cando un xuíz lle
desmonta a súa campaña de mentiras. Pero cremos que nalgún momento deberían
empezar a recoñecer ante os galegos que non só non teñen razón, senón que se
escudan na falsidade para non dar explicacións. Este é un bo momento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario