As novas necesidades de capital de NGB ascenden a 4.300 millóns de
euros. Dabamos por feito que o novo decreto do Goberno esixiría un novo esforzo
á entidade galega, como ocorreu tamén co resto da banca. Lonxe de alarmismos,
cremos que esta nova esixencia garantirá a viabilidade de NGB, a súa solvencia
no futuro, e a blindará ante calquera hipotético empeoramento da situación
económica.
De cara ao seu proceso de recapitalización, o PPdeG seguirá defendendo
para NGB a mesma solución que o Estado dea a Bankia. Cremos que as entidades
nacionalizadas deben gozar das mesmas oportunidades. Se en Bankia se deu a
opción de cambiar o préstamo FROB por accións e aforrarlle o pago dos intereses,
non entendemos por qué esta fórmula non pode ser válida.
No entanto, agora o máis xusto é esperar ata o mes de setembro, data
dada polo Banco de España aos directivos de NGB para que capten o capital
necesario. Hai uns prazos e deben irse cumprindo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario