miércoles, 13 de junio de 2012

SITUACIÓN ECONÓMICA


A emisión de débeda de onte demostra que os mercados seguen confiando en España. O Estado colocou o máximo de 2.000 millóns de euros previstos, aínda que para iso tivese que pagar un interese lixeiramente máis alto, por baixo en todo caso do tramo final do pasado ano. A demanda de débeda española triplicou a oferta, unha proba inequívoca de que os investidores cren nas reformas do presidente Rajoy.

A rebaixa da cualificación da axencia Fitch non nos preocupa, xa que se debe máis ás dúbidas que poidan xerar algunhas autonomías e á necesaria recapitalización dunha parte do sector financeiro. España tería graves problemas se os mercados rexeitasen as súas emisións de débeda. Até o momento foi o contrario: máis demanda que oferta. Bo sinal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario