
Desligar estes dous asuntos xeraría confianza nos mercados e restaría
incerteza á solvencia de España, que cremos que está fóra de toda dúbida. Así
se entende que en cada emisión de débeda pública, a demanda sexa sempre moi
superior á oferta. A pesar das trabas das axencias de rating, os investidores
seguen confiando na débeda española.
Rescate bancos
As auditorías independentes á banca española arroxan datos
esperanzadores para o sector financeiro. Nun escenario normal, necesitarían
entre 17.000 e 25.000 millóns de euros para recapitalizarse; nun escenario moi
extremo, con apenas un 1% de probabilidade de darse, 65.000 millóns. Por tanto,
moi lonxe dos 100.000 millóns habilitados pola UE.
Ademais, as auditoras confirman que os grandes grupos bancarios
españois (Caixa, Santander, BBVA) non necesitarían acollerse a este crédito para
recapitalizarse, e outro grupo intermedio (Sabadell, Popular, bancos medianos)
só o farían de darse o escenario extremo máis improbable. Así, son só tres
entidades (Bankia, Cataluña Caixa e NCG) as que necesitarían esta axuda.
Reiteramos que isto non significa a quebra de ningún banco, escenario
que o Estado non contempla en ningún caso. Isto é o resultado de garantir
provisións financeiras para produtos inmobiliarios e mesmo créditos sans no
sector bancario para facer fronte a eventuais caídas da economía. Esta reforma
financeira garantirá aínda máis a solvencia da banca española.
España fixo os seus deberes, como está a ocorrer desde que Mariano
Rajoy é presidente. Agora corresponde ao BCE e o FMI detallar as condicións
desta axuda financeira. Entre todos debemos contribuír a xerar confianza entre
uns mercados que seguen crendo en España, como demostrou onte a emisión do
Tesouro, coa demanda triplicando a oferta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario