O Banco de España bloqueou o pago de pensións aos ex directivos da
caixa galega, por entender que existe un déficit de solvencia na entidade. É
unha medida que o presidente Feijóo solicitou por carta hai un ano á entidade
supervisora do sector financeiro nacional. MAFO non moveu un dedo, e foi o seu
sucesor, Luis Linde, quen adoptou a decisión.
Foi un Goberno do PP o que limitou as indemnizacións para os directivos
dos bancos intervidos polo Estado ou beneficiarios de fondos públicos. E
aqueles que sexan sancionados pola súa mala xestión non percibirán un euro. Non
se pode premiar con indemnizacións millonarias aos xestores dunhas caixas nas
que faltou transparencia e rigor durante os últimos anos. Desa mala xestión
derivan os actuais problemas de NGB.
Queda en evidencia a oposición, que reclamaba á Xunta a toma desta
decisión. Como quedou demostrado, as competencias para limitar ou rexeitar
indemnizacións dos directivos de entidades financeiras que recibiron fondos
públicos son exclusivas do Banco de España.
No hay comentarios:
Publicar un comentario