A decisión da DXT de rebaixar de 100 a 90 km/h a velocidade
máxima en vías secundarias pretende rebaixar a sinistralidade nestas estradas.
Segundo as estatísticas, o 80% dos accidentes prodúcese nestes viarios. Trátase
dunha medida preventiva, que busca garantir a seguridade dos condutores, e
incidir na concienciación de que unha condución responsable é unha condución
que respecta os límites de velocidade.
O posible aumento da velocidade en autovías non é ningunha
rareza, xa que en Alemaña hai vías de alta capacidade con límites de até 140
km/h. Na actualidade, as prestacións destas estradas poden permitir estes
lixeiros incrementos, xa que se trata de vías moi seguras, que se suman aos
automóbiles de última xeración que transitan por elas. En todo caso, esta é
unha medida que aínda se está estudando.
Zapatero baixou a velocidade das autovías alegando un
aforro en combustible que nunca se produciu, pero que en verdade buscaba
recadar máis en multas aos españois. O PP estuda rebaixar a velocidade nas
estradas secundarias para salvar vidas. Esta é a diferenza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario