jueves, 28 de junio de 2012

SECTOR NAVAL


Que a petroleira mexicana vaia pedir ofertas a Navantia Ferrol para construír dous buques quimiqueiros é froito das intensas xestións do presidente Feijóo. O que o Goberno do PSOE foi incapaz de facer en sete anos, que foi buscar nova carga de traballo para o estaleiro ferrolán, está a tentalo o presidente Feijóo, e esperemos que finalmente frutifique.

A implicación política e persoal do presidente Feijóo está a ser determinante para solucionar os problemas do sector naval galego. Xunto ao Goberno de España, a Xunta expuxo alternativas ao tax lease que están a piques de aprobarse e de devolverlle competitividade aos estaleiros galegos. E a través das xestións con Pemex, conseguindo carga de traballo efectiva para as empresas da ría de Vigo, e unha oportunidade para Ferrol.

Mentres a oposición se dedica a tensar á sociedade ferrolá, a poñer obstáculos, a sementar de dúbidas o futuro do sector, a axitar as protestas dos traballadores, hai un partido, un goberno e un presidente que traballan para lograr solucións. E están á vista: carga de traballo en forma de 14 remolcadores por 247 millóns de euros, e unha posible opción para Navantia. Mentres a oposición alimenta os seus intereses electorais, Feijóo traballa polos intereses xerais de Galicia.

Por outra banda, o encargo da Armada Noruega a Navantia para o mantemento da súa frota é outra boa noticia para o sector naval ferrolán en apenas 48 horas. A diferenza cos dous quimiqueros de Pemex, que só poderán construírse en Ferrol, é que este novo encargo é para todo o grupo Navantia. No entanto, cremos que ao tratarse dun acordo duradeiro que pode supoñer carga de traballo para todas as bases do estaleiro público.

No hay comentarios:

Publicar un comentario