Respectamos a decisión da Audiencia Nacional de imputar a 32 ex
directivos de Bankia, froito dunha querela presentada por UPyD. O PP non valora
as actuacións xudiciais, nin neste caso, nin no de NCG, onde tamén hai unha
investigación por motivos aparentemente similares.
No caso de Bankia, no entanto, cremos que é conveniente que se aclare
se a situación de falta de fondos é achacable á cúpula saínte do banco, ou viña
herdada da fusión dunhas caixas de aforros moi devaluadas e sen control,
imposta polo Banco de España.
No hay comentarios:
Publicar un comentario