Xa está en vigor o novo sistema solidario de pago de fármacos que permitirá que as
164.000 familias galegas que menos teñen non paguen nada polos seus
medicamentos. Así, 113.000 familias desempregadas que agotaron as súas
prestacións e aboaban o 40% do prezo dos seus fármacos agora veranse
beneficiadas ao non ter que pagar nada.
Do mesmo xeito, seguirán sen pagar nada unhas
46.000 familias perceptoras de pensións non contributivas e outras 5.000 que
reciben axudas por risco de exclusión.
Esta
medida impulsada polo Goberno de Rajoy ten un triple obxectivo que é remediar a
débeda que deixou en herdanza o anterior Goberno socialista, facilitar que os
que menos teñen menos teñan que pagar e favorecer un consumo racional de
medicamentos.
No caso de Galicia hai un cuarto efecto positivo: o diñeiro que se
recadará con esta medida facilitará a posta en marcha de novas infraestruturas
sanitarias, como os 15 novos centros de saúde ou a ampliación do hospital do
Salnés.
Ademais, no caso dos pensionistas, mentres que noutras comunidades se
verán obrigados a adiantar ás súas administracións autonómicas o diñeiro dos
fármacos que necesitan, en Galicia a xestión do Goberno de Feijóo evita que os
xubilados galegos teñan que adiantar nin un só euro polos seus fármacos unha
vez que paguen a cantidade á que están obrigados segundo as súas percepcións
económicas.
Por outra banda, pedimos calma e comprensión ante os posibles erros na
aplicación do novo copago farmacéutico, unicamente achacable á posta en marcha
do sistema informático que o xestiona. É lóxico que nos primeiros días se
produzan algunhas anomalías, pero serán corrixidas o máis axiña posible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario