Novo desprezo á autoridade de Pachi Vázquez no PSdeG. Carmela Silva non
se vai do Concello e manterá a duplicidade de cargos, en contra da doutrina do
líder socialista. Caballero sáltase a Pachi e negociará directamente con
Rubalcaba. O alcalde de Vigo rompe así o acordo previo de que Silva renunciaría
á acta de concelleira cando se aprobasen os Orzamentos municipais.
Pachi é incapaz de facer cumprir as normas que el mesmo aproba no
partido. É un líder cada día máis irrelevante. A máxima “unha persoa, un cargo”
foi a súa única achega ao socialismo galego cando se presentou ao congreso de
Pontevedra en 2009. Pero só a aplicou para purgar do Parlamento aos deputados
que lle facían sombra, como Barcón e Leiceaga. Caballero búrlase do secretario
xeral do PSdeG e incumpre as directivas internas.
Mentres os socialistas deberían estar a expor alternativas e propostas
para saír da crise, o seu único debate é se Carmela Silva debe acumular cargos
ou non. Cada día que pasa queda evidenciado que o mandato de Pachi Vázquez
estivo caracterizado exclusivamente pola pelexa continua. Aínda que é
entendible que non presente alternativas, porque para falar de economía ten que
reunirse con profesores de universidade e prescindir dos seus deputados nesta
área.
No hay comentarios:
Publicar un comentario